domingo, 13 de febrero de 2011

Pizza margarida

Pizza margaritaSegundo unha investigación da universidade de Twente (Holanda) necesítanse 1216 litros de auga para cociñar, cultivar e producir os ingredintes dunha pizza  margarida.

Os antioxidantes

Os antioxidantes son moi necesarios para evitar estrés celular. Están presentes nunha gran variedade de alimentos de orixe vexetal.

viernes, 4 de febrero de 2011

O NOSO PUNTO LIMPO

No instituto, estamos comprometidos co medio ambiente; un dos nosos obxectivos é a reducción dos residuos; por isto dispoñemos dun punto limpo na entrada do centro, de contenedores amarelos nos patios de recreo e, na zona verde que está á esquerda da cafetería, un contenedor de compostaxe e dous de recollida de aceites de fritura. Como vedes, todos os membros da comunidade educativa nos implicamos na RECOLLIDA SELECTIVA e na RECICLAXE de algúns dos resíduos que producimos.

martes, 1 de febrero de 2011

Dez razóns para comer froita

1. O seu alto contido en auga facilita a eliminación de toxinas do noso organismo e axúdanos a estar hidratados.

2. Son ricas en vitamina C. Por iso recoméndase o seu consumo a diario, para fortalecer o noso sistema inmunitario.

3. Son fonte de antioxidantes. Protéxennos fronte a certas enfermidades, entre elas as dexenerativas, as cardiovasculares e o cancro.

4. Axudan a eliminar o exceso de líquido. Conteñen pouco sodio e moito potasio, o que forza ao noso corpo a eliminar o exceso de líquidos xunto coas substancias de refugallo a través ouriños.

5. Son ricas en fibra. A fibra axuda a regular a función intestinal, a correxir o estreñimiento e posúe efectos beneficiosos na prevención e tratamento de trastornos como hipercolesterolemia, diabete, obesidade, etc.

6. Conteñen pouca graxa. A cantidade de graxa que teñen é inapreciable.

7. Están presentes todo o ano. Os cultivos en invernadoiro permiten que prácticamente todo o ano poidas consumir cualquera tipo de froita, aínda que sempre será máis cara e escasa fora de temporada.

8. As froitas teñen un sabor agradable e dulzón posto que conteñen zucres. Son un bó tentempié para cualquera momento do día e pódense tomar tanto antes como despois das comidas.

9. Bótalle imaxinación. Podes realizar multitude de receitas con elas, tanto doces como salgadas, en salsas, acompañamentos, tartas, pasteis, marmelada, etc.

10. Proba con orixinais recetas, admiten casi todo. Como mellor conservan as súas propiedades é consumíndoas crudas. Se queres reducir a perda de vitaminas, tes dúas opcións: conservar a súa pel lavándoas moi ben baixo a auga do grifo, ou realizar un pelado pouco profundo. Xa sexan crudas e ao natural, que cocidas, asadas ou en brochetas, resultan deliciosas.